Os nosos maiores precisan, en moitas ocasións, de axudas para manter o seu estado físico en boas condicións.
A fisioterapia xoga un papel moi importante con este tipo de pacientes. O noso labor consiste en estimulalos para que manteñan a súa autonomía. Para iso traballaremos a mobilidade articular e a activación muscular, o que mellorará o funcionamento do sistema cardiovascular.
A fisioterapia a domicilio en maiores permite un tratamento moito máis cómodo para o paciente , evitando desprazamentos e mantendo o seu confort.
Temos experiencia no tratamento de pacientes da terceira idade con afectacións neurolóxicas e enfermidades neurodegenerativas. Axudamos na rehabilitación e mantemento de gran número de patoloxías.
Descobre as nosas sesións de fisioterapia a domicilio.