Hoxe en día, o deporte é importante na vida de moitas persoas. Estar en forma axúdanos tanto a nivel físico como emocional.
Inevitablemente as lesións forman parte da vida do deportista tanto profesional como amateur. Estas lesións tamén son moi comúns na maior parte da poboación (non só deportistas) debido a malos hábitos posturales, sobreesforzos, ou polos efectos de movementos repetitivos en traballos que requiren dun gran esforzo físico.
Esta modalidade de fisioterapia está dirixida á prevención, recuperación de lesións e ao mantemento óptimo da musculatura e tecidos brandos.
Teño ampla experiencia no tratamento e recuperación de :
- Lesións musculares: roturas fibrilares, contracturas musculares, fascitis plantar…
- Lesións tendinosas: tendinite aquílea, tendinite rotuliana, tendinite de supraespinoso, tendinite de manguito rotador, síndrome da cintilla iliotibial, tendinite de pata de ganso…
- Lesións óseas: fracturas, fisuras, periostitis, fracturas por #estrés…
- Lesiones ligamentosas: escordadura de xeonllo, escordadura de nocello, distensión ou rotura do ligamento cruzado anterior…